lunes, 21 de octubre de 2013

O SAMAÍN

Achégase o Samaín e levamos un tempo traballando co medo, posto que o vindeiro día 30 teremos un pase matinal de cinema para ver a película do Apóstolo de Fernándo Cortizo. Por iso pareceunos oportuno facer un post explicando a tradición do  Samaín. Ahí vai:




samain

             Samaín e Halloween son primos-irmáns, xa que os dous proveñen de costumes celtas. Pero o  Samaín é a forma que quedou en Galicia e outros lugares de Europa  e Halloween é a tradición celta levada polos colonos irlandeses cando conquistaron Norteamérica. Halloween  é  a  forma  moderna  inglesa  do antigo  All-hallow  even  que significa  , para 
algúns  autores  Véspera de todo o Sacro.

       As orixes
      Temos a típica imaxe de nenos americanos correndo polas escuras rúas disfrazados de trasnos , pamtasmas  e demos , pedindo doces e lambetadas  aos habitantes dese escuro  e tranquilo barrio de casas.                                                                           Pero nas súas orixes, a festa non era así , nin sequera era ese o seu propósito. 
      Remontémonos a séculos anteriores , á época dos celtas .
      Noite do 31 de outubro dalgún ano do século I a.C. A escuridade vaise cernendo sobre un  pequeno pobado celta.Á noitiña ven fogueiras en todo  o lugar, coma se o lume  inténtase rodear o poboado .   


    O mundo dos mortos convive co dos vivos , e os antepasados volven estar cos seus.


     Os celtas celebraban catro grandes festas :


  •     O IMBOLC : 
    A principios de febreiro, cando as primeiras flores empezan a crecer.

  •    O BELTAINE:
 A segunda festa que se celebraba o 1 de maio.Esta festa dedicábase a Belenos, como o deus do lume, acendíase fogueiras no alto dos cerros.

  • O LUGHNASA: Celebrábase a mediados do mes de xuño, e dedicábase a Lug , esta festa era a que maís caracter agraria tiña.
  • O SAMAIN A última e a maís importante festa celta, tiña lugar o 1 de novembro este día significaba o día de ano novo 
  
    Durante eses días do ano novo , tiñan lugar innumerables sacrificios animais . Achégase  o inverno e hai que empezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que veñen por diante.
    Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar `` matanza´´.
    Eles crían que esa noite , unha ``porta´´abríase, e a dimensión dos vivos quedaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, polo menos por unhas horas.
   Como apunte final  a esta festa celta , mencionar unha curiosa tradición : os celtas , esas noites ,  amontoaban as caveiras dos seus mortos ( e tamén dos seus inimigos) 


  Gif Calavera
   O Halloween  é unha festa característica de Estados Unidos (entre outros). Ante isto ,xorde unha      pregunta :se a festa era celta , como chega a Estados Unidos ? A explicación é bastante sinxela.

Os colonos ingleses e irlandeses , trouxeron con sigo todas as súas tradicións e entre estas unha chamada Halloween,coñecida como Noite de Bruxas.Esta festa celébrase a noite do 31 de outubro,e para estas horas ,as casas adornábanse con cabazas ocas con velas dentro( debuxando "terroríficas" demos e seres malignos.




.
Con este pequeno traballo recordamos as raìces dunha festa celta que se veu celebrando desde fai mais de dous mil anos, e que logo foi derivando noutra màis comercial nuns sitios e de devociòn noutros.
Agora como sabedores da orixe do Halloween,sabedes tamèn que o Samaìn è a vosa raìz europea.




Calabaza Halloween


Elaborado por ÁGUILA DORADA: Sara, Miguel, Manuela y Lucas.

 PROPOSTA DA MESTRA:

 Despois de tanta investigación e traballo sobre os costumes galegos e o medo propoño que cada un elabore unha historia de medo. Lembrade as pautas :

  • Elexir as personaxes e quen contará a historia
  • Pensar onde ocorre, cando ocorre, que ocorre...
  • Organizar o escrito: Presentación , nudo e desenlace.
  • Ao narrar lembrade : empregar sinónimos, conectores, e indicar os diálogos (se os hai) de forma axeitada.
Imos empregar a ferramenta: class tools