martes, 28 de octubre de 2014

CELSO EMILIO FERREIRO E MARIA SOLIÑA


   O seguinte poeta galego que queremos nombrar é CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova 1912, Vigo 1979) un escritor e político que pertencía a unha familia acomodada campesiña galeguista.
   Dentro da súa obra escollemos "María Soliña" a quen Celso Emilio adicoulle un poema.
   María Soliña era unha muller de Cangas que perdeu o seu marido e irmán cando os piratas turcos-berberiscos atacaron a Ría de Vigo.  María quedou moi apenada e todas as noites paseaba pola praia de Cangas.
    María Soliña posuía moitos benes que lle quedaran do seu marido e mesmo posuía "dereitos de presentación", que eran dereitos que lle permitían gañar un 10 por cento do que a igrexa gañara, neste caso unha das igrexas era a de Aldán. Isto a converteu nun obxectivo da Santa Inquisición que ao acusala de bruxería podería quedarse con todas as súas posesións. E así foi a Santa Inquisición acusouna de  bruxa por vagar soa pola noite na praia.

Deixamosvos o poema que Celso Emilio lle dedicou.
 
María Soliña. (Celso Emilio Ferreiro)

Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.


Por último, unha versión musicada do poema feita polo grupo galego LUÁR NA LUBRE.

jueves, 9 de octubre de 2014

Alvaro Cunqueiro, e versión de cantantes de onte e de hoxe

 Xa estamos no novo curso e adicamos esta nova entrada a Álvaro Cunqueiro, non será o único autor galego ao que lle dedicaremos un post, pois temos pensado adicarlle especial atención a nosa cultura este ano.


ÁLVARO CUNQUEIRO
  
-Biografía: naceu  en Mondoñedo en 1911 e morreu en Vigo en 1981, foi xornalista, traductor , autor de libros de cociña e tamén de importantes obras literarias: en poesía (Mar ao norde, Cantiga nova que se chama Riveira), en teatro (O incerto señor Don Hamlet  , Príncipe de Dinamarca) e en narrativa ( Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Simbad volvese as illas, Escola de menciñeiros,...)


 Para este post seleccionamos a poesía " No niño novo do vento":

No niño novo do vento. Álvaro Cunqueiro

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.
   Queremos mostrarvos tamén dúas cancións feitas sobre esta poesía, por un lado a creada hai anos por Amancio Prada e por outra banda a versión feita por Xoél López.
  Gústanos moito a idea de que Xoél López versionara a canción posto que iso implica un interese de artistas xóvenes sobre a nosa cultura, e é un xeito de que non sexa esquecida, ademáis ao versinala de forma moderna resulta máis atractiva para nos, que xa nos aprendimos a poesía oindo a canción.

   Versión de Amancio Prada


         Versión de Xoél López