jueves, 9 de octubre de 2014

Alvaro Cunqueiro, e versión de cantantes de onte e de hoxe

 Xa estamos no novo curso e adicamos esta nova entrada a Álvaro Cunqueiro, non será o único autor galego ao que lle dedicaremos un post, pois temos pensado adicarlle especial atención a nosa cultura este ano.


ÁLVARO CUNQUEIRO
  
-Biografía: naceu  en Mondoñedo en 1911 e morreu en Vigo en 1981, foi xornalista, traductor , autor de libros de cociña e tamén de importantes obras literarias: en poesía (Mar ao norde, Cantiga nova que se chama Riveira), en teatro (O incerto señor Don Hamlet  , Príncipe de Dinamarca) e en narrativa ( Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Simbad volvese as illas, Escola de menciñeiros,...)


 Para este post seleccionamos a poesía " No niño novo do vento":

No niño novo do vento. Álvaro Cunqueiro

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.
   Queremos mostrarvos tamén dúas cancións feitas sobre esta poesía, por un lado a creada hai anos por Amancio Prada e por outra banda a versión feita por Xoél López.
  Gústanos moito a idea de que Xoél López versionara a canción posto que iso implica un interese de artistas xóvenes sobre a nosa cultura, e é un xeito de que non sexa esquecida, ademáis ao versinala de forma moderna resulta máis atractiva para nos, que xa nos aprendimos a poesía oindo a canción.

   Versión de Amancio Prada


         Versión de Xoél López

1 comentario:

  1. Hola!, me han gustado las dos versiones, pero os propongo que escuchéis en yotube la de un grupo llamado Astarot.

    ResponderEliminar