O seguinte poeta galego que queremos nombrar é CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova 1912, Vigo 1979) un escritor e político que pertencía a unha familia acomodada campesiña galeguista.
Dentro da súa obra escollemos "María Soliña" a quen Celso Emilio adicoulle un poema.
María Soliña era unha muller de Cangas que perdeu o seu marido e irmán cando os piratas turcos-berberiscos atacaron a Ría de Vigo. María quedou moi apenada e todas as noites paseaba pola praia de Cangas.
María Soliña posuía moitos benes que lle quedaran do seu marido e mesmo posuía "dereitos de presentación", que eran dereitos que lle permitían gañar un 10 por cento do que a igrexa gañara, neste caso unha das igrexas era a de Aldán. Isto a converteu nun obxectivo da Santa Inquisición que ao acusala de bruxería podería quedarse con todas as súas posesións. E así foi a Santa Inquisición acusouna de bruxa por vagar soa pola noite na praia.
Deixamosvos o poema que Celso Emilio lle dedicou.
María Soliña. (Celso Emilio Ferreiro)
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Por último, unha versión musicada do poema feita polo grupo galego LUÁR NA LUBRE.
Hecho de menos esos momentos que pasábamos todos juntos...
ResponderEliminar